Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
AS TRES ESCOLAS INFANTÍS MUNICIPAIS DISPOÑEN DE VINTE E SEIS PRAZAS PARA NENOS E NENAS NADOS ESTE ANO
As familias interesadas en solicitar algunha das vacantes poden facelo a través do Rexistro municipal
Narón, 13 de xuño de 2019. O Concello dispón dun total de vinte e seis prazas nas tres escolas infantís municipais para nenas e nenos nados no ano 2019. Así o indicou a concelleira en funcións de Ensino, Mercedes Taibo, que incidiu en que as solicitudes deben presentarse no momento do nacemento do bebé, non podendo tramitalas con anterioridade. En canto ás vacantes Taibo explicou que dez se corresponden coa escola infantil municipal da Solaina; sete coa de Piñeiros e as nove restantes coa da Gándara. As solicitudes de praza para cubrir as vinte e seis prazas libres nestes tres centros deben tramitarse a través do Concello, no Rexistro municipal –de luns a venres en horario de 8.30 a 13.30- e dende donde se remite a solicitude ao Servizo Sociocomunitario para posteriormente enviala ás escolas infantís municipais.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal