Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ABRIRÁ O LUNS O PRAZO DE SOLICITUDE DE AXUDAS PARA MATERIAL DIDÁCTICO E COMEDORES ESCOLARES NO CURSO 2019-2020
As familias que poidan acollerse a estas axudas dipoñen de prazo ata o vindeiro 8 de xullo, incluído, para tramitalas
Narón, 14 de xuño de 2019. O Concello manterá aberto dende o vindeiro luns, día 17, ata o 8 de xullo o prazo para solicitar axudas municipais para material didáctico e escolar para alumnado de centros públicos ou concertados e de comedor para centros concertados no curso académico 2019-2020. No caso das axudas para material didáctico e escolar poderán solicitalas familias empadroadas en Narón con fillos escolarizados en educación Infantil (2º ciclo), educación Primaria, ESO, Bacharelato, FP de ciclos medios, educación Secundaria de adultos e centros de educación especial. En canto ás axudas municipais de comedor escolar para alumnas e alumnos de colexios concertados da cidade, diríxense ás familias residentes e empadroadas en Narón, con fillos/as matriculados en centros docentes concertados de segundo ciclo de educación Infantil, educación Primaria e Secundaria para o curso 2019-2020 con dificultades socioeconómicas e de conciliación da vida familiar e laboral. En ambos casos as solicitudes deben presentarse no Rexistro xeral do Concello de luns a venres, en horario de 8.30 a 13.30 horas a través dun modelo que se pode obter –tamén a partir do luns 17- no propio Rexistro, na Sede Electrónica do Concello -donde tamén se poderán tramitar- ou por calquera dos medios previstos no art.16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das AAPP. Para máis información tamén se pode consultar o Boletín Oficial da Provincia de hoxe, donde están publicadas estas axudas, ou a páxina web municipal, no enlace: http://www.naron.es/web/cat/es/axudas-e-subvencions.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal