Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN UN CONTACONTOS INFANTIL QUE PECHARÁ O PROGRAMA MUNICIPAL BIBLOESPAZO 2019
A sesión, impartida por unha voluntaria de Cruz Vermella, terá lugar o sábado 22 de xuño na Biblioteca municipal e diríxese a nenos e nenas a partir de 3 anos
Narón, 19 de xuño de 2019. As nenas e nenos que queiran asistir ao contacontos O corazón de Lolo poderán anotarse na Biblioteca municipal. A actividade terá lugar o vindeiro sábado, día 22, a partir das 11.00 horas na Biblioteca e diríxese a menores a partir de 3 anos. Con esta proposta pecharanse as actividades do programa Biblioespazo 2019, que se retomarán no outono. Cruz Vermella ofrece este contacontos, que ten entre os seus obxectivos que os nenos e nenas coñezan o funcionamento do acollemento familiar e dispoñan da información necesaria para entender este tipo de situacións por se teñen que estar nalgunha ocasión en contacto con elas. Será unha voluntaria de Cruz Vermella a persoa encargada de traballar cos participantes para explicarlles os diferentes tipos de familia e como se desenvolven os afectos nelas. Deste xeito os menores sensibilizaranse no caso de que unha familia acolla a un menor ou se vexa na circunstancia dunha separación persoal. Para poder inscribirse é preciso que os nenos e nenas dispoñan do carné da Rede de Bibliotecas, sen sancións pendientes. As prazas poden reservarse no mostrador da sala de adultos e tamén chamando ao número de teléfono 981 382 173 no horario de apertura da Biblioteca.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal