Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
LUAR NA LUBRE E ENCRUCILLADA ACTUARÁN ESTE SÁBADO EN SAN XIAO
O Padroado da Cultura e a Asociación de Veciños Ceibe de San Xiao organizan este evento, que inclúe unha parte lúdico-deportiva e outra gastronómica
Narón, 26 de xuño de 2019. A parroquia de San Xiao acollerá este sábado, día 29, os concertos –de balde- de Luar na Lubre e Encrucillada. A cita, organizada polo Padroado da Cultura e a Asociación de Veciños Ceibe de San Xiao, será no entorno da pista polideportiva da parroquia e forma parte dun programa máis amplo que inclúe actividades lúdicas e gastronomía. O Padroado da Cultura aposta por descentralizar a súa programación nos barrios e parroquias da cidade, un obxectivo no que se enmarcan propostas como a que o sábado terá lugar en San Xiao e á que dende o Concello se anima a asistir ás veciñas e veciños de Narón e doutros municipios. O grupo de música folk Encrucillada interpretará en San Xiao temas do seu primeiro disco, Marbán, con doce temas. A música popular e tradicional cobrarán un espazo propio nesta actuación, a cargo de Antonio López, Óscar e Alberto Maceiras, Javier Rodríguez, Héctor Piñeiro e Sara Guerrero, integrantes deste sexteto de Ferrolterra. Así mesmo, o grupo tamén galego Luar na Lubre, do que forman parte Bieito Romero, Antía Ameixeiras, Patxi Bermúdez, Pedro Valero, Xan Cerqueiro e Xavier Ferreiro, levará tamén a música folk a San Xiao. A formación, que comezou a súa andaina no ano 1986 na Coruña e na actualidade é todo un referente da música en galego, interpretará temas, entre outros, do seu novo traballo discográfico: Ribeira Sacra, con 26 cancións. A xornada festiva comezará en San Xiao ás 19.00 horas, con xogos tradicionais e populares nos que poderán participar tanto os nenos e nenas como as persoas maiores. Ás 21.00 haberá unha churrascada e sardiñada populares, a cargo da entidade veciñal de San Xiao, que venderá os tickets da comida, a base de churrasco -8 euros para socios/as e 10 euros para o resto- e sardiñas -1 euro dúas unidades-, con bebida, pan e café.

<<< Xaneiro 2023 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
www.naron.es