Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A PRAZA IRMÁNS FREIRE ACOLLERÁ ESTE DOMINGO OS DOUS PRIMEIROS ESPECTÁCULOS DO PROGRAMA MUNICIPAL "VERDE QUE TE QUERO VERDE"
As diferentes propostas culturais, de balde e dirixidas a todo tipo de públicos, sucederanse entre o 30 de xuño e o 21 de xullo en prazas e espazos públicos da cidade
Narón, 27 de xuño de 2019. O programa municipal Verde que te quero verde retómase un ano máis, alcanzando a súa terceira edición, cunha gran variedade de espectáculos dirixidos a público familiar e infantil e que se desenvolverán entre o vindeiro domingo, día 30, e o 21 de xullo en varios espazos públicos da cidade. As diferentes propostas comezarán na praza Irmáns Freire, en Xuvia, donde actuarán Charo Pita e A Banda do Garaxe a partir das 12.30 horas. A estrutura manterase cada domingo, cunha actividade musical ao inicio destinada ao público familiar e dunha duración de trinta minutos e un concerto a continuación. Trátase dunha proposta cultural, de balde, impulsada a través do Padroado da Cultura co obxectivo de descentralizar a programación do Padroado, levándoa ás prazas e parques da cidade para desfrute do público. A xornada inaugural deste programa correrá a cargo da narradora oral, escritora e cantante Charo Pita, que presentará na Praza Irmáns Freire o se novo traballo: No país do vento. Diferentes melodías e pequenas historias sucederanse da man de divertidos personaxes e animais que habitan o país do vento, donde non faltan a música e o baile. A continuación actuará A Banda do garaxe, unha formación que se constituíu no ano 2016 e que está formada por doce músicos da comarca de Ferrolterra, que contan cun amplo repertorio de arranxos de música moderna e festiva. O primeiro concerto da formación tivo lugar no Pazo da Cultura, donde interpretaron pezas de Adele, Raphael, Bonney M. e outros recoñecidos profesionais da música. A vindeira proposta de Verde que te quero verde será o 7 de xullo, co músico coruñés Pablo Díaz e a formación Le Barluthier, á semellanza dos pianobar dos anos 30 e 40 do século pasado. A continuación, o día 14 do vindeiro mes, será o turno do artista galego Pulpiño Viascón, un multiinstrumentista, compositor e clown moi polifacético e cunha ampla traxectoria profesional que formou parte de bandas como Os Diplomáticos de Montealto e tamén actuará a formación Broken Peach, integrada por catro voces, batería, baixo e guitarra-piano, que fusionan música e espectáculo cun toque moi persoal en cada un dos temas que interpretan. Os Broken Peach colaboraron con músicos como Alberto Comesaña, Peret… e actuaron en varios programas da TVG. O 21 de xullo rematará a programación de Verde que te quero verde cos espectáculos do músico Paco Nogueiras, cargado de humor, baile e cancións sintonizando Radio Bulebule e tamén co cantor e compositor Fred Martins, que ofrecerá ao público un variado repertorio vencellado á tradición do artesanato da canción de Brasil.

<<< Febreiro 2023 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13 14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
 
Eventos do Concello
www.naron.es