Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN NAS ACTIVIDADES DO PROGRAMA MUNICIPAL DE "ENVELLECEMENTO ACTIVO"
A concelleira de Promoción Social, Catalina García, recordou que terán preferencia á hora de matricularse as veciñas e veciños de Narón maiores de 60 anos
Narón, 1 de xullo de 2019. O Concello abriu hoxe o prazo de matrícula nas actividades do programa municipal de Envellecemento Activo correspondentes ao curso 2019-2020. A concelleira de Promoción Social, Catalina García explicou que esta proposta se dirixe a persoas empadroadas en Narón e maiores de 60 anos, se ben no caso de quedar algunhas prazas vacantes poderán optar ás mesmas aquelas persoas que non cumpran eses requisitos pero si unhas pautas de preferencia. As actividades desenvolveranse nos centros comunitarios e nos centros cívicos sociais. A concelleira naronesa animou ás veciñas e veciños da cidade que cumpran os requisitos a anotarse nestas actividades “que ofrecen unha gran variedade á hora de decantarse por unha ou outra opción e nas que poderán mellorar a súa calidade de vida e tamén compartir parte do seu tempo con outras veciñas e veciños”. As matrículas para as actividades de ioga, ximnasia rehabilitadora, memoria e coral deberán formalizarse co modelo oficial do Concello, que se pode obter no Rexistro do Concello –de luns a venres, de 8.30 a 13.00 horas- ou a través da Sede Electrónica do Concello de Narón. Todas estas actividades requiren o pago dunha taxa municipal, de 8,15 euros ao mes, tal e como se establece na ordenanza fiscal número 15. As clases de ximnasia rehabilitadora impartiranse no centro de maiores das Vivendas da Mariña, no Manuela Pérez Sequeiros e tamén poderían impartirse se se forman grupos noutros locais sociais. As de ioga e memoria serán no Manuela Pérez Sequeiros e con opción tamén noutros locais e as de coral terán lugar no Centro Manuela Pérez Sequeiros. En canto ás solicitudes para as actividades de apoio á informática, labores, obradoiro de comunicación, obradoiro de lecto-escritura e cancións de animación, que se impartirán todas no Centro Manuela Pérez Sequeiros, as persoas interesadas en asistir deben matricularse nas propias instalacións do Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros –de luns a venres entre as 9.00 e as 14.00 horas-.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal