Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ÚLTIMOS DÍAS PARA INSCRIBIRSE NOS CURSOS DE "ATENCIÓN AO PÚBLICO, LIDERADO E VENDA" E "XESTIÓN ADMINISTRATIVA DE PEMES"
El plazo para anotarse finalizará el próximo viernes, día 5 de julio, tal y como recordó la concejala de Formación, Natalia Hermida
Narón, 2 de xullo de 2019. As persoas interesadas en inscribirse nos cursos de Atención ao público, liderato e venda e de Xestión administrativa de Pemes dispoñen de prazo ata o vindeiro venres, día 5, para realizar os trámites necesarios, tal e como recordou a concelleira de Formación, Natalia Hermida. O Concello organiza estas dúas accións formativas, que se dirixen a persoas maiores de 18 anos e empadroadas en Narón e para as que se ofertan quince prazas en cada un deles. As solicitudes poden tramitarse a través do Rexistro do Concello –de luns a venres de 8.30 a 13.00 horas-, a través da Sede Electrónica do Concello ou de calquera dos restantes medios contemplados no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. O curso de Atención ao público, liderato e venda abordará temas como a toma de contacto e atención ao cliente, consumidor e usuario; técnicas de comunicación adaptadas ao cliente, consumidor e usuario; formas e protocolos; xestionar queixas e reclamacións; crear e xestionar equipos de vendas… Esta acción formativa terá unha duración de 250 horas (previstas entre o 15 de xullo e o 26 de setembro), das que 80 serán de prácticas profesionais non laborais en empresas colaboradoras e as restantes impartiranse no Centro Municipal de Formación Irmáns Froilaz (A Gándara). En canto á acción formativa sobre Xestión administrativa de Pemes abordará contidos como: a forma xurídica, requisitos e responsabilidades das Pemes, as súas vantaxes e inconvintes; as xestións administrativas do proceso comercial e de tesourería; o manexo de aplicacións ofimáticas na xestión da información e a documentación… A duración do curso será de 350 horas, das que 100 serán de prácticas profesionais non laborais en empresas colaboradoras e as 250 restantes no Centro Municipal de Formación Irmáns Froilaz. As datas previstas para impartir este curso son do 15 de xullo ao 24 de outubro. As persoas interesadas en recibir máis información poden chamar –de luns a venres entre as 8.30 e as 13.00 horas- ao número de teléfono: 981 337 700 (extensións: 1123; 2602; 1120; 1107). As prazas concederanse por rigorosa orde de inscrición e o listado provisional de persoas admitidas, suplentes e excluídas publicarase na Sede Electrónica do Concello.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal