Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PADROADO DA CULTURA COLABORA COA AVV OS CRUCEIROS E CO CCRD AIRIÑOS DE CASTRO NA CELEBRACIÓN DO DÍA DA FAMILIA
A cita será o vindeiro domingo, día 7, a partir do mediodía na pista polideportiva de Castro
Narón, 5 de xullo de 2019. A pista polideportiva de Castro acollerá o vindeiro domingo, día 7, o tradicional Día da Familia, organizado pola AVV Os Cruceiros e o Círculo Cultural Deportivo e Recreativo Airiños de Castro, en colaboración co Concello. Esta convocatoria, con gran tradición na parroquia, celébrase cada ano a inicios do verán e reúne a decenas de familias, maioritariamente da parroquia de Castro aínda que tamén doutras zonas. A convocatoria iniciase ao mediodía, sobre as 14.00 horas, cunha recepción aos veciños e veciñas de Castro, donde se ofrece un aperitivo, para a continuación participar todos nunha comida de confraternidade, sendo os propios asistentes ao evento os que se encargan de levar o menú elixido para a ocasión. Despois do xantar haberá xogos populares, inchables para os nenos e nenas e amenizará a xornada un grupo musical.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal