Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ÚLTIMOS DÍAS PARA CANXEAR POR AGASALLOS AS "PEGADAS" OBTIDAS DURANTE O CURSO A TRAVÉS DOS CAMIÑOS ESCOLARES SEGUROS
El último día para poder canjear las "pegadas" por regalos será el próximo lunes, 15 de julio
Narón, 10 de xullo de 2019. Os preto de novecentos alumnos e alumnas de catro centros de ensino da cidade que participaron no programa Camiños Escolares Seguros durante o curso 2018-2019 dispoñen de prazo ata o vindeiro luns, día 15 (incluído), para canxear por agasallos as Pegadas obtidas por ir a pé, en bicicleta ou en patinete aos seus respectivos colexios. O concelleiro de Seguridade Viaria e Transporte Público, Román Romero, recordou que é preciso realizar o canxe a través dun cupón que se debe imprimir –ou amosalo a través do móbil- para valídalo nos establecementos locais adheridos a este programa ou na oficina de Educación Viaria do Concello (na planta de acceso ao Concello, de luns a venres en horario de 8.30 a 13.30). O procedemento completo deste programa, así como o catálogo de agasallos, poden consultarse a través da páxina: pegadas.naron.es e na APP Pegadas Narón. “É moi importante que os nenos e nenas canxeen os agasallos porque de non facelo perderán todos os puntos obtidos, xa que cada curso iníciase co contador de Pegadas a cero”, subliñou Romero. No curso que rematou o pasado mes de xuño contabilizáronse un total de 859 alumnas e alumnos participantes nos Camiños Escolares Seguros, implantados polo Concello nos colexios de Piñeiros, Ponte de Xuvia, A Solaina e Jorge Juan. Cada día que acudían a pé, en bicicleta ou patinete ao centro escolar os menores realizaron un control na entrada –nos puntos habilitados- a través dunha pulseira e que lles aportaba unha Pegada, a modo de punto, que acumularon nunha conta e que agora deben canxear para poder obter algún dos agasallos dispoñibles. Uns oitenta establecementos da cidade, aos que Romero agradeceu novamente a súa colaboración, aportaron os máis de oitocentos agasallos dispoñibles inicialmente no catálogo, donde tamén se poden elixir entradas para espectáculos infantís no Pazo da Cultura. O concelleiro de Seguridade Cidadá e Transporte Público destacou que “a través deste programa, iniciado na cidade hai tres anos e cunha excelente acollida, apostamos por fomentar a autonomía dos nenos e nenas, familiarizándoos coa normativa de educación viaria, e tamén a práctica do deporte”.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal