Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ÚLTIMOS DÍAS PARA ADQUIRIR OS TICKETS DA FESTA GASTRONÓMICA DA ALTEADA
O Concello e a Asociación de Veciños Altea organizan a cita, que terá lugar o 14 de xullo no paseo marítimo de Xuvia
Narón, 10 de xullo de 2019. As persoas que esta fin de semana, o domingo día 14, queiran asistir á festa gastronómica da Alteada, organizada polo Concello e a AVV Altea, deben adquirir previamente os tickets para poder degustar o menú que se servirá ao mediodía baixo unha gran carpa. Na convocatoria, que coincide coa terceira edición da Festa da Ameixa Rubia, servirase ameixa rubia á mariñeira, churrasco, sobremesa e bebidas a prezos populares, se ben os menores de 12 anos poderán asistir de balde, tal e como indicaron dende a entidade veciñal. Os tickets continúan á venda na cafetería do local social da entidade, en Xuvia, donde se poden adquirir –ata completar o aforo, que é limitado- de luns a venres en horario de 9.00 a 13.00 e de 16.00 a 20.00. Esta cita gastronómica terá, como cada ano, un apartado festivo, que dará comezo sobre as 13.00 horas con un pasarrúas a cargo do grupo Os Carunchos polas rúas do barrio e unha actuación posterior na zona da carpa. Tamén haberá trala comida un baile e unha festa infantil a partir das 16.00, podendo desfrutar os asistentes con xogos tradicionais. Ás 18.00 horas dará comezo unha festa da espuma. Dende o Concello de Narón animan á veciñanza a sumarse a este evento gastronómico e festivo que terá lugar no entorno do paseo marítimo de Xuvia e no que cada ano participan máis dun centenar de persoas.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal