O CONCELLO INAUGURA UNHA ESCULTURA PARA HOMENAXEAR E RECORDAR ÁS VÍTIMAS DO TERRORISMO
O alcalde accidental, Guillermo Sánchez Fojo, presidiu o acto, ao que ademáis da concelleira de Benestar Social, Catalina García, acudiron outros representantes da corporación e Eduardo Aneiros Castro e Manuel Rodríguez Sanesteban, vítimas no seu día do terrorismo de ETA e veciños de Narón
Narón, 17 de xullo de 2019. O alcalde accidental de Narón, Guillermo Sánchez Fojo, presidiu esta mañá o acto de inauguración dun monumento en homenaxe ás vítimas do terrorismo. Sánchez Fojo estivo acompañado no acto pola concelleira de Benestar Social, Catalina García; o portavoz do PSOE, José David Pita, e edís de TEGA, PSOE e PP. En representación do colectivo ao que representa acudiron tamén Eduardo Aneiros Castro e Manuel Rodríguez Sanesteban, vítimas no seu día de actos terroristas, residentes en Narón, e aos que acompañou o presidente da Asociación de Vítimas do Terrorismo Santiago Apóstol, Ángel Pena. A escultura, Mutilación, é obra do artista luso afincado en Narón Manuel Patinha tamén presente no acto- e está ubicada nunha zona verde da confluencia das rúas da Garda e Santa Tecla. A peza está realizada en mármore portugués e tal e como indicou o autor dá unha idea de movemento dun ave e apréciase na pel uns saíntes que representan cousas que son inesperadas e nos afectan a todos.
Estamos celebrando un acto enmarcado nun acordo plenario para que non se volva a repetir máis no estado Español ningún tipo de terrorismo nin actos violentos sabendo que a forza a teñen as palabras e non as pistolas, asegurou Sánchez Fojo. O alcalde accidental da cidade agradeceu a presencia no acto de Eduardo Aneiros e Manuel Rodríguez, veciños ambos de Narón e tamén do presidente da Asociación Galega das vítimas do terrorismo Santiago Apóstol. Así mesmo, a concelleira de Benestar Social, Catalina García, tamén agradeceu a asistencia ao acto de tódolos asistentes e leu o acordo plenario a través do que se materializou esta iniciativa.
Eduardo Aneiros, que era Policía nacional, sufriu un atentado da banda terrorista ETA o 27 de xaneiro de 1980 cando ía nun bus con trinta compañeiros e outras dúas furgonetas. Circulaban pola autopista que conecta Bilbao e San Sebastián, donde os estaban esperando e lles dispararon con ametralladoras dende o alto dun túnel. Según a miña muller que viu despois a furgoneta aquilo parecía un colador e o condutor da nosa furgoneta tiña un tiro nun hombro e dous no ventre e a min impactoume a bala no codo e teño todo o brazo cheo de plomo, cicatrices enormes e problemas coa mobilidade da man e do brazo, recordou Aneiros.
Pola súa banda, Manuel Rodríguez, médico de profesión, agradeceu ao Concello o feito de acordarse de nós. En canto ao seu caso particular, que tamén foi vítima do terrorismo de ETA o 25 de novembro do ano 1985 en Pasaje, en San Sebastián, ao lado de donde vivía, mataron a un mariñeiro condutor; eu era médico da Marina, el tiña 26 anos e eu 28 e a min déronme con seis tiros, a famosa tigresa e estiven en cadeira de rodas, retiráronme da Marina, explicou. Tes momentos nos que te caes pero hai que dar grazas tamén á Virxe do Carme que ten un manto moi grande que a algúns nos protexeu porque íamos varios nun autobús, recordou Rodríguez.
O goberno local naronés dá cumprimento con este acto a un acordo plenario no que se aprobou facer un monumento a tódalas vítimas do terrorismo nunha praza do Concello en recoñecemento institucional do valor humano na súa máxima expresión e pola dignidade coa que teñen sufrido un mal inconmensurable en nome de todos. Así mesmo, na sesión plenaria aprobárase unha declaración institucional sobre as vítimas do terrorismo tanto ás que o sufriron e sofren de xeito cotiá na actual democracia como as que anteriormente o padeceron para conseguila.