Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
UNHA TRINTENA DE MULLERES RECOLLERON ESTA MAÑÁ OS DIPLOMAS DE TRES ACCIÓNS FORMATIVAS DO "II PLAN MUNICIPAL DE IGUALDADE"
As alumnas realizaron cursos de Igualdade por medio da educación, Iniciación á confección e Integración e xestión familiar
Narón, 18 de xullo de 2019. O alcalde accidental de Narón, Guillermo Sánchez Fojo, e a concelleira de Igualdade, Mar Gómez, entregaron esta mañá os diplomas de fin de curso de tres actividades educativas dirixidas a mulleres e enmarcadas no II Plan Municipal de Igualdade. Unha trintena de mulleres recibiron no Concello os diplomas correspondentes aos cursos de Igualdade por medio da educación, Iniciación á confección e Integración e xestión familiar, iniciados o pasado mes de outubro e que remataron a finais de xuño. As alumnas destas accións formativas eran veciñas de Narón, desempregadas e maiores de 18 anos. En canto aos cursos, o de Igualdade por medio da educación, que se impartiu na Casa da Mocidade, rematárono sete mulleres; outras tantas finalizaron o de Integración e xestión familiar que tivo lugar no colexio de San Mateo e na Casa da Mocidade e trece mulleres realizaron o de Iniciación á confección, que se impartiu no Centro Municipal de Formación Irmáns Froilaz. Na súa intervención, os representantes do goberno local felicitaron ás alumnas dos tres cursos e animáronas a continuar formándose a través das diferentes accións que se convocan dende o Concello nesta área ao longo do ano.

<<< Febreiro 2023 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13 14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
 
Eventos do Concello
www.naron.es