A AXENCIA DE LECTURA DA GÁNDARA ACOLLERÁ UN OBRADOIRO DE ELABORACIÓN DE GRILANDAS PARA DECORAR O ESPAZO DA BIBLIOTECA NO GULLIVER FEST
O obradoiro está aberto á participación da cidadanía en xeral e terá lugar mañá luns 29 na entrada da Casa da Mocidade
Narón, 28 de xullo de 2019. A Axencia de Lectura municipal da Gándara acollerá mañá un obradoiro aberto ao público en xeral no que as persoas que participen realizarán grilandas decorativas. Este elemento adornará o espazo da Biblioteca municipal que se desprazará o vindeiro sábado, 3 de agosto, ao festival da cultura viaxeira Gulliver Fest que se celebrará do 2 ao 4 de agosto na área recreativa de Pedroso.
O obradoiro, para o que non é preciso inscribirse, desenvolverase entre as 11.30 e as 13.30 horas na entrada da Axencia de Lectura municipal da Gándara (Casa da Mocidade) e poden participar persoas de tódalas idades, se ben os nenos e nenas deben estar acompañados dunha persoa adulta.
No espazo da Biblioteca do Gulliver Fest poderanse consultar guías turísticas, literatura relacionada coas viaxes e manuais de diversa temática dirixidos ás persoas que lles gusta viaxar.