Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
UNHA UNIDADE MÓBIL PARA A DOAZÓN DE SANGUE ESTARÁ OS DÍAS 21 E 22 DE AGOSTO NA CIDADE
O vehículo localizarase o primeiro día nas inmediacións do centro de saúde do Alto e o segundo xunto á Praza da Constitución, na Solaina
Narón, 13 de agosto de 2019. A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) convoca unha nova campaña de doazón de sangue na cidade, que terá lugar os días 21 e 22 deste mes. O mércores día 21 a unidade móbil para realizar as doazóns localizarase nas inmediacións do centro de saúde do Alto do Castiñeiro –na rúa 25 de Xullo- entre as 9.30 e as 14.30 e tamén pola tarde, en horario de 15.30 a 21.00. Na xornada do xoves 22 de agosto a unidade móbil desprazarase á Solaina, concretamente ás inmediacións da Praza da Constitución, donde estará de 9.30 a 14.30 e dende as 15.30 ata as 21.00 horas. Desde ADOS recórdase que para doar sangue é preciso almorzar previamente e despois de xantar esperar dúas horas. Así mesmo, as persoas que vaian doar deben levar a tarxeta de doazón, o DNI ou un documento similar e terán que informar ao médico da unidade no caso de que estean tomando algún medicamento. Así mesmo, a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue recordou que tan só son precisos dez minutos para poder salvar outras vidas e agradeceu aos doantes o feito de que sexan “vitais para que os hospitais atendan unha media de 2.800 urxencias, 575 intervencións cirúrxicas e un transplante de órganos cada día e tamén para axudar ás persoas enfermas de cancro ou leucemia”. Durante a tempada de verán, tal e como indicaron dende ADOS, os hospitais precisan 10.000 doazóns de sangue cada mes para atender a tódolos doentes, polo que se incide na importancia de que as persoas que poidan facelo –deben ter entre 18 e 65 anos e pesar máis de 50 quilos- participen neste tipo de campañas solidarias. Así mesmo, co fin de reforzar esta campaña, ADOS remitirá cartas informativas en domicilios da cidade.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal