Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
Á VENDA AS ENTRADAS PARA O PÚBLICO XERAL DOS ESPECTÁCULOS DO ULTIMO CUADRIMESTRE DO ANO NO PAZO DA CULTURA
As entradas poden adquirirse na billeteira do Pazo ou na web do Padroado da Cultura: www.padroadodecultura.es
Narón, 21 de agosto de 2019.O Padroado da Cultura puxo hoxe á venda para o público xeral as entradas para os espectáculos que se desenvolverán no Pazo da Cultura os vindeiros catro meses. As persoas interesadas en adquirir as entradas poden facelo a través da web do Padroado: www.padroadodecultura.es ou da billeteira do Pazo –no verán de 9.00 a 14.00 horas e o resto do ano, de luns a sábados de 9.30 a 14.00 e de 17.00 a 20.30 e domingos e festivos unha hora antes do comezo do espectáculo-. Entre os meses de setembro e decembro sucederanse no Pazo espectáculos teatrais, musicais e de maxia, entre outros e, a maiores, estase traballando na incorporación dalgunha outra proposta, tal e como avanzou o alcalde accidental e concelleiro de Cultura, Guillermo Sánchez Fojo. A programación cultural no Pazo retomarase o vindeiro 13 de setembro, ás 20.30 horas, coa representación da comedia "Unha noite na praia", cos cómicos galegos Xosé Antonio Touriñán e Carlos Blanco. A comedia representarase tamén o sábado 14 e o domingo 15 de setembro, ás 20.00 e 19.00 horas, respectivamente, se ben tan só quedan dispoñibles as últimas entradas para o terceiro dos pases, o do domingo. Tamén o vindeiro mes de setembro terá lugar o recital poético De abrentes e ocasos, de Teatro do Atlántico, o venres 20 ás 20.30 horas no Café Teatro do Pazo e unha representación de teatro clásico, "Viejo amigo Cicerón", de Teatre Romea e o Festival Internacional de Teatro Clásico de Mérida, o día 28 ás 20.00 horas. O mes de outubro abrirá a programación cun espectáculo de mentalismo e maxia, "Toni Bright, Volver a creer, Magia de la mente", de Tertulia Producción, o día 5 ás 20.00 horas e seguirá o día 11 ás 20.30 cunha presentación teatralizada de canto e música, "No camiño", de Setestrelo. Así mesmo, actuará o cantante Jorge Drexler, o día 12 ás 20.00; representarase a obra de teatro clásico "Luces de bohemia", de Teatro Clásico de Sevilla, o día 19 ás 20.00 e pecharán as propostas dese mes os Hermanos inconfundibles, cunha sesión de circo, música e humor: "La banda de otro-Yee-Haw", o día 20 ás 18.00 horas e a representación de "Curva España", de Chévere, o 26 ás 20.00 horas. A ópera "Pagliacci", de Leonor Gago Artist Management iniciará a programación do Pazo o 2 de novembro ás 20.00 horas, que continuará o día 9 con danza, "Tejidos al tiempo", de Choní Compañía Flamenca, a partir das 20.00. A compañía Sarabela Teatro estará tamén en Narón en novembro, representando o drama "Crónicas do paraíso", o día 16 ás 20.00 e a continuación haberá dous concertos de música folk, o primeiro de folk rock americano, con country, funky e pop o día 23 ás 20.00, con Carlos Mosquera, "Mos", que presentará o seu novo disco, Contracorriente, e o segundo de folk tradicional a cargo de Anxo Lorenzo Banda, que presentará "Vórtex" o día 30 ás 20.00 horas. No mes de decembro poderase ver a ópera "O loro de Carlos V", da Ópera infantil e a Orquestra Sinfónica de Galicia, o día 7 ás 20.00 horas; o espectáculo de danza "Noró", con Xabier Díaz e As Adufeiras de Salitre, o día 21 ás 20.00 e, finalmente, o concerto de música góspel "When gospel was góspel", de The Mississippi Mass Choir, o día 22 ás 19.00 horas.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal