Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
FIRMADOS CATRO CONVENIOS DE COLABORACIÓN CON ENTIDADES SOCIAIS
O Concello aporta máis de 10.000 euros anuais nas actividades destas asociacións.
Narón, 23 de Decembro de 2008.- O Alcalde de Narón, Xoán Gato, e os representantes da Asociación de Veciños Chafarís (Alto do Castiñeiro), Asociación de Veciños Virxe de Fátima (Freixeiro), Asociación da Terceira Idade de Pedroso, e Asociación de Loita Contra os Malos Tratos (ALMAT) firmaron hoxe catro convenios de colaboración para os que o Concello destina máis de 10.000 euros durante este ano 2008. O rexedor municipal lembrou que, aínda que Narón dispón dun Orzamento Municipal austero, continúa a invertir en servicios para mellorar a calidade de vida dos cidadáns. “É unha satisfacción poder colaborar en iniciativas coma ésta”, sinalou. O convenio de colaboración coa AVV Chafarís, por importe de 2.800€ anuais e cunha vixencia de dous anos prorrogables ata un máximo de catro, cubrirá gastos de mantemento e funcionamento do local da asociación e actividades de interese xeral promovidas polo Concello para fomentar a Participación Cidadá. A este respecto, Xoán Gato lembrou que na actualidade existen perto de 180 asociacións inscritas no Rexistro Municipal. Pola súa parte, a AVV Virxe de Fátima recibirá 5.300€ anuais durante dous anos –prorrogables ata catro-, que financiarán os programas e actividades culturais e deportivos realizados pola entidade. En canto á asociación da Terceira Idade de Pedroso, o Concello aporta unha achega de 1.000€anuais durante dous anos, tamén prorrogables ata un máximo de catro, para financiar o mantemento do local e as actividades que o Concello realice no seu interior. Finalmente, a Asociación de Loita contra os Malos Tratos (ALMAT) desenvolverá programas de servizos sociais no termo municipal de Narón, para o cal disporá dunha achega económica anual (1.500€, prorrogables durante un ano) e de persoal (un técnico en xestión de servizos e un administrativo do Servizo Sociocomunitario colaborarán coa asociación). Ó acto da firma dos convenios asistiron tamén Mª del Carmen Espada, Concelleira de Igualdade e Muller, e Natalia Hermida, Concelleira de Participación Cidadá, en representación das concellerías ás que se adscriben estos convenios.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal