Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO DESTINOU 35.000 EUROS Á REPARACIÓN DUNHA PARTE DA CUBERTA DO MUÍÑO DE PEDROSO
A alcaldesa, Marián Ferreiro, e o concelleiro de Servizos, Ibán Santalla, desprazáronse a Pedroso con motivo do remate dos traballos
Narón, 5 de setembro de 2019. A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, e o concelleiro de Servizos, Ibán Santalla, desprazáronse a Pedroso con motivo do remate dos traballos de reposición dunha parte da cuberta do muíño localizado na zona da área recreativa da citada parroquia. Ferreiro valorou o resultado final da intervención acometida no edificio e recordou que supuxo un investimento ás arcas locais que rondou os 35.000 euros. “Co remate desta actuación que se levou a cabo na zona da moenda do muíño saneamos a estructura do tellado, que presentaba algúns problemas de conservación pero que con cargo a este investimento quedou totalmente renovada”, explicou Ferreiro. A intervención implicou a demolición da cuberta anterior, retirando as tellas, placas de fibrocemento, pontóns e cerchas para proceder á construción dunha nova na zona na que se atopa o propio muíño. Os traballos tamén incluíron a reparación dos aleros da construción e a colocación dunha nova estrutura de madeira laminada de abeto con novos pontóns e a impermeabilización do tellado. “Anteriormente detectáronse problemas de humidade que danaron esta zona da cuberta, polo que unha parte da actuación levada a cabo no muíño centrouse na impermeabilización”, recalcou a alcaldesa, que explicou que a zona reparada alberga a maquinaria propia das labores de moenda que se levan a cabo na construción en determinadas ocasións. “A conservación e posta en valor do patrimonio da cidade é unha das áreas nas que se traballa dende o goberno local ano tras ano”, asegurou Ferreiro, incidindo en que no caso concreto de Pedroso “o muíño atópase nun área recreativa que ofrece múltiples posibilidades a todas aquelas persoas que queiran desfrutar dun área de descanso en plena natureza, á beira do río Xuvia, e con camping, estacionamento para autocaravanas, parque infantil, mesas e zona de barbacoas, o que convirte ao conxunto nunha zona ideal para o tempo de lecer das veciñas e veciños de Narón pero tamén para xente que se achegue dende outros concellos”.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal