Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ABRIRÁ A VINDEIRA SEMANA O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE IMAXES AO "X CONCURSO DE FOTOGRAFÍA CIDADE DE NARÓN"
A concelleira de Turismo, Natalia Hermida, recordou que as fotografías poden presentarse ata o 27 de setembro no Rexistro do Concello
Narón, 9 de setembro de 2019. O Concello abrirá o martes da vindeira semana, día 17, o prazo para presentar imaxes á décima edición do “Concurso de Fotografía Cidade de Narón”. Así o recordou a concelleira de Turismo, Natalia Hermida, que indicou que a través deste certame se repartirán un total de 1.200 euros en premios. A edil naronesa animou ás veciñas e veciños de Narón, e tamén doutros concellos, a participar na convocatoria presentando as fotografías no Rexistro do Concello –de luns a venres de 8.30 a 13.00 horas- ata o 27 deste mes, día no que rematará o prazo para participar no concurso. A temática das fotografías debe estar vencellada á riqueza de Narón, en varios ámbitos: humano e social, deportivo, industrial, festas populares, tecnolóxico, cultural, arqueolóxico, lecer… debendo ser recoñecible nas mesmas que están sacadas no termo municipal naronés. Un ano máis, a través do certame concederanse tres premios, un de 750 euros, outro de 300 e un de 150 euros, sendo un xurado especializado o encargado de seleccionar as tres imaxes gañadoras. A maiores, tal e como recordou Hermida, “as nove que obteñan a mellor puntuación pasarán a formar parte, xunto coas tres premiadas, do calendario de sobremesa que cada ano edita o Concello de Narón”. Á hora de conceder a puntuación o xurado valorará o impacto visual da fotografía (10 puntos); a calidade técnico artística (10 puntos), e a creatividade (10 puntos). Hermida animou á cidadanía a participar neste certame “que cada ano conta cun maior número de participantes e que nos permite dar a coñecer parte da riqueza da nosa cidade”. As persoas interesadas en consultar as bases do concurso ao completo poden facelo a través da páxina web do Concello de Narón: http://www.naron.es/web/docs/Bases-X-Concurso-Fotografía.pdf. Para calquera aclaración respecto ás mesmas pódese chamar ao número de teléfono 981 337 700 (extensión: 1517) ou escribir ao enderezo electrónico: a.fernandez@naron.es.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal