Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
VALENTÍN GONZÁLEZ FORMOSO E MARIÁN FERREIRO ESTUDAN MELLORAS NA REDE DE ESTRADAS DA DEPUTACIÓN EN NARÓN
O presidente da Deputación da Coruña visitará Narón para coñecer "in situ" os proxectos solicitados pola alcaldesa da cidade
A Coruña, 9 de setembro de 2019. O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, reuniuse hoxe no seu despacho da institución provincial coa alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, no que foi o primeiro encontro oficial entre ambos mandatarios tras as eleccións municipais de maio. Na reunión participou tamén o concelleiro de Obras, Pablo Mauriz. A alcaldesa enmarcou a visita como “unha primeira toma de contacto para abordar proxectos e expor algunhas necesidades de Narón en materia de mellora de estradas”. Neste sentido, destacou dous proxectos nos que o goberno municipal ten especial interese para levar a cabo neste mandato: a ampliación e mellora da seguridade das estradas de San Xiao e O Feal. Formoso interesouse polas características de ambos proxectos e a posible necesidade de actualización dos mesmos e comprometeuse a visitar próximamente Narón, acompañado dos técnicos provinciais, para valorar a súa viabilidade. Ferreiro solicitou tamén o mantemento e reparación de beirarrúas en determinados viais de carácter urbano coma a estrada da Gándara, a rúa Concepción Arenal, avenida Souto Vizoso e a avenida de Santa Icía, así como o na posibilidade de transferir a súa titularidade ao concello ao longo do presente mandato. González Formoso comprometeuse a trasladar a petición ao servizo de Vías e Obras e afirmou que a solicitude de cesión será tida en conta dentro do paquete de transferencias de viais que o servizo de Vías e Obras prepara en diversos concellos da provincia.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal