Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A COMPAÑÍA TEATRO DO ATLÁNTICO REPRESENTARÁ MAÑÁ NO PAZO O RECITAL POÉTICO MUSICAL "DE ABRENTES E OCASOS"
A cita será ás 20.30 horas e as entradas dispoñibles poden adquirirse na billeteira do Pazo ou na web do Padroado da Cultura
Narón, 19 de setembro de 2019. O Café Teatro do Pazo da Cultura acollerá mañá, ás 20.30 horas, o recital poético musical “De abrentes e ocasos”, a cargo da compañía Teatro do Atlántico. Baixo a dirección de Xulio Lago actuarán María Barcala, Aleixandre Lago e Xulio Lago, nun espectáculo dirixido a persoas adultas e dunha hora de duración. O amor, a relación coa terra e a paisaxe, a loita social e a igualdade de xénero son temas que están moi presentes neste recital, no que a voz, o corpo e a música darán eco á palabra poética e abrirán un espazo para comunicar emocións e reflexións. Estas cuestións abórdanse dende o horizonte de Galicia e da lingua galega. No transcurso da viaxe acompañará ao público a palabra de recoñecidos poetas e escritores como Uxío Novoneyra, Eva Veiga, Marta Dacosta, Eduardo Blanco Amor, Álvaro Cunqueiro, Olalla Cociña, Salvador García Bodaño ou Luisa Villalta, entre outros. As entradas aínda dispoñibles poden adquirirse na billeteira do Pazo ou na web do Padroado da Cultura –www.padroadodecultura.es- a un prezo de 9,50 euros para o público xeral e de 6,65 para abonados, desempregados e persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos).

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal