Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CENSO ELECTORAL PARA AS VINDEIRAS ELECCIÓNS XERAIS PODERÁ CONSULTARSE NO CONCELLO A PARTIR DO VINDEIRO LUNS
O prazo manterase aberto ata o vindeiro 7 de outtubro, período no que se poderán presentar reclamacións administrativas no caso de que os datos censuais non sexan correctos
Narón, 27 de setembro de 2019. O censo electoral de Narón para as vindeiras eleccións xerais do 10 de novembro poderá consultarse dende o vindeiro luns día 30 de setembro, ata o 7 de outubro no Concello. A consulta pode realizarse por internet na páxina do INE co DNI dixital, pero as persoas que o desexen poden achegarse ao Concello, e nas oficinas do Negociado de Estatística –na entrada, en horario de 8.30 a 13.30 o luns e ata as 13.30 a partir do 1 de outubro- poden tamén consultar os seus datos censais e, no caso de que non sean correctos, comunícalo a través dunha reclamación administrativa. Así mesmo, habilitáronse uns teléfonos de consulta do censo electoral a través do INE: 981 217 439; 981 217 426 e 981 101 900, podendo chamar de luns a sábado, de 9.00 a 14.00 e o último día, o 7 de outubro, de 9.00 a 14.00 e de 16.00 a 18.00 horas.

<<< Febreiro 2023 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13 14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
 
Eventos do Concello
www.naron.es