Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
UN TOTAL DE SESENTA PERSOAS PARTICIPAN NO CURSO "USANDO AS NOVAS TECNOLOXÍAS" CONVOCADO A TRAVÉS DO PROGRAMA CEMIT NA ZONA RURAL
As sesións, dun total de 27 horas de duración, comezarán mañá nas parroquias de Doso, Pedroso e Sedes e tamén se impartirán esta semana no Val, San Mateo e Castro, tal e como indicou a concelleira de Novas Tecnoloxías, Natalia Hermida
Narón, 30 de setembro de 2019. Un total de sesenta persoas participarán no curso Usando as novas tecnoloxías que se impartirá en seis locais sociais da zona rural. As sesións impartiranse en Doso, San Mateo, Castro, Sedes, Pedroso e O Val, se ben dende o Concello se ofertaron á totalidade das parroquias do rural naronés. O curso enmárcase no programa Cemit e o alumnado recibirá formación sobre informática básica, redes sociais, manexo intelixente do móbil, as súas utilidades e o Whatshapp. En total, en cada centro cívico social impartiranse 27 horas de formación, que comezarán mañá nas parroquias de Doso, Pedroso e Sedes. O mércores terá lugar a primeira sesión no Val e o vindeiro día 4 en San Mateo e Castro, rematando a última das clases programadas o día 29 de novembro. A concelleira de Novas Tecnoloxías, Natalia Hermida, recordou que "“precisamente a pasada semana entregamos dez ordenadores aos locais das asociacións veciñais da zona rural, renovando os equipos que tamén dende o Concello lles entregamos hai uns anos"”. A edil naronesa destacou que “o compromiso do goberno local continuará na mesma liña de facilitar na medida do posible os medios ás veciñas e veciños da zona rural para que dispoñan dunha oferta formativa e de servizos igual que no núcleo urbán, evitándolles desprazamentos longos á hora de realizar este tipo de cursos”.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal