Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO CONVOCA DOUS OBRADOIROS PARA ELABORAR OS ELEMENTOS COS QUE SE DECORARÁ A CARPA DO "DÍA DA BIBLIOTECA"
A concelleira de Bibliotecas, Mercedes Taibo, indicou que as actividades se desenvolverán este sábado nas instalación da Biblioteca e o día 8 deste mes na Axencia de Lectura da Gándara
Narón, 3 de outubro de 2019. A concelleira de Bibliotecas, Mercedes Taibo, anunciou a celebración dun obradoiro de decoración para conmemorar o "Día da Biblioteca". Esta actividade terá lugar o sábado, día 5, nas instalacións da Biblioteca municipal entre as 10.30 e as 12.30 horas e o martes 8 de outubro na Axencia de Lectura da Gándara (Casa da Mocidade), de 17.00 a 19.00 horas, tal e como avanzou a edil naronesa. “As persoas que desexen participar teñen que acudir nesas xornadas ás citadas instalacións, ao non ser preciso inscribirse previamente, para poder entre todas e todos elaborar a decoración da carpa coa que se celebrará o "Día Internacional da Biblioteca", que se conmemora cada 24 de outubro”, explicou Taibo. A temática principal das celebracións deste ano, indicou, será o coidado e a protección do medio ambiente, polo que os elementos decorativos que se realizarán xirarán en torno a esta temática e elaboraranse con materiais de refugallo. Os menores que acudan deberán estar acompañados por unha persoa adulta mentres se realicen os citados obradoiros de decoración, podendo chegar e marchar cando o consideren oportuno, dentro do horario establecido para a actividade. A edil de Bibliotecas avanzou que, a falta de presentar en breve a programación coa que se conmemorará o Día da Biblioteca, a festa máis grande será o día 19 deste mes, cando se instalará unha gran carpa na Praza de Galicia, donde se sucederán diferentes actividades dirixidas a persoas de tódalas idades.

<<< Febreiro 2023 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13 14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
 
Eventos do Concello
www.naron.es