Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ILUMINARÁ DE COR VERDE A GLORIETA DE FREIXEIRO ESTA FIN DE SEMANA PARA CONMEMORAR O "DÍA MUNDIAL DO OSTOMIZADO"
O concelleiro de Sanidade, Santiago Galego, destacou a importancia de contribuír á visibilización desta realidade
Narón, 4 de outubro de 2019. O concelleiro de Sanidade, Santiago Galego, anunciou a colaboración do Concello na campaña conmemorativa do Día Mundial do Ostomizado (5 de outubro), sumándose deste xeito a un chamamento realizado dende a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) para que os concellos iluminen de cor verde algún elemento representativo da súa cidade. No caso de Narón, tal e como indicou Galego, procederase a iluminar esta noite, e tamén a de mañá sábado e a do domingo, a glorieta de Freixeiro, “para contribuír na visibilización desta realidade”. A ostomía é un orificio de saída artificial que practica un cirurxián na parede abdominal a causa de diferentes diagnósticos para facilitar a saída ao exterior dos produtos de desfeito do organismo, tal e como explicaron dende a Asociación de Ostomizados de Madrid (Aoma). A través da conmemoración do Día Mundial do Ostomizado contribúese a integrar a todos os afectados por esta operación e tamén sensibilízase á sociedade sobre as barreiras que a diario teñen que superar estes pacientes, según recordaron dende Aoma.

<<< Febreiro 2023 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13 14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
 
Eventos do Concello
www.naron.es