Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O IES AS TELLEIRAS SERÁ PIONEIRO EN GALICIA ENTRE OS CENTROS PÚBLICOS PARA IMPARTIR A ASIGNATURA "MOBILIDADE SOSTIBLE E SEGURA" DA DXT EN COLABORACIÓN CO COCELLO
O concelleiro de Seguridade Cidadá, Román Romero, destacou que o IES das Telleiras será pioneiro entre os centros públicos de Galicia en impartir esta asignatura e valorou o respaldo da DXT e a implicación do instituto naronés
Narón, 7 de outubro de 2019. O concelleiro de Seguridade Cidadá, Román Romero, presentou esta mañá coa xefa provincial de Tráfico da Coruña, María Victoria Gómez, a directora do IES As Telleiras, Cristina Alves, e a profesora do citado IES Aurora Romar, unha iniciativa pioneira impulsada a través da Dirección Xeral de Tráfico e que consiste en impartir a asignatura “Mobilidade escolar sostible e segura”. O IES das Telleiras será, tal e como indicou Romero, o primeiro centro público de Galicia no que se impartirá esta materia entre alumnado de primeiro curso de ESO. Tres representantes do alumnado, Álvaro Aneiros, Carolina Yáñez e Claudia Rego asistiron tamén ao acto de presentación que tivo lugar esta mañá no Concello. A xefa provincial de Tráfico felicitou a Narón “por ser quizais o primeiro dos concellos da Comunidade Autónoma nos que se pon en marcha esta asignatura de libre configuración oficial no currículo escolar de Galicia”. Para a DXT, asegurou, “era un reto importante deseñala e dirixila a un destinatario que xa estaba traballando en educación e seguridade viaria dende hai moito tempo. O feito de que sexa Narón, cunha tradición moi ampla e unha implicación moi importante por parte do Concello e da sociedade foi o resultado de aunar esforzos entre todos”. Gómez, tamén agradeceu a excelente disposición do IES As Telleiras e o alumnado por estar “ilusionados con este gran proxecto”. Serán os docentes os encargados de dirixir os traballos a realizar pero dende a DGT apoiaranse actividades extraescolares, avanzou, como coñecer como funciona un centro de xestión de tráfico, o traballo que realiza o helicóptero da DXT, ou como traballa a Garda Civil en estrada cando ten que axudar a alguén. “Son cousas que vos servirán ao longo da vosa vida e que espero que vos gusten e aproveitedes”, destacou. Pola súa parte, a directora do IES As Telleiras asegurou que dende o centro “estamos encantados de aceptar este reto, aínda que é unha gran responsabilidade”. Alves destacou a aposta dos docentes, en especial de Aurora Romar por este proxecto, “e sen esa voluntariedade non sería posible”. A propia Romar agradeceu o respaldo, dende o primeiro momento, da DXT, do Concello e do propio centro para participar neste proxecto e incidiu en que o alumnado está “moi moi participativo, con gañas de aportar ideas e para min iso é un orgullo”. As clases impartiranse unha hora á semana de aquí a finais de curso e nas mesmas participarán 75 alumnas e alumnos do centro. Entre os obxectivos desta iniciativa está o de promover modos de mobilidade sostibles e seguros na sociedade e, neste caso concreto co alumnado, promovendo accións participativas que favorezan unha mobilidade segura como peóns, usuarios de medios de transporte, conductores de bicicletas… mellorando condutas e comportamentos viarios nos seus desprazamentos para previr accidentes de tráfico e inculcándolles hábitos viarios seguros, tal e como se indicou dende a DXT. Finalmente, o concelleiro de Seguridade Cidadá agradeceu á DXT que apostara polo Concello de Narón para ofrecer esta formación e a colaboración do IES As Telleiras. Así mesmo, animou ao resto de centros de Narón a que en vindeiros cursos se impliquen tamén nesta iniciativa e ofreceu “a total colaboración do Concello para este tipo de iniciativas”. Romero aproveitou a ocasión para agradecer tamén o respaldo que dende a comunidade educativa en particular e a sociedade naronesa en xeral se brinda a cantas actividades se impulsan a través do equipo de Educación Viaria do Concello, do que destacou o seu labor.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal