O CONCELLO ILUMINARÁ MAÑÁ DE COR AZUL A GLORIETA DE FREIXEIRO CON MOTIVO DO DÍA MUNDIAL DA DISLEXIA
O concelleiro de Sanidade, Santiago Galego, destacou a importancia de adherirse a esta campaña para dar máis visibilidade á dislexia
Narón, 9 de outubro de 2019. O Concello de Narón adherirase á proposta da Federación Española de Dislexia (Fedis) para conmemorar, mañá, o Día Mundial da Dislexia. Así o anunciou o concelleiro de Sanidade, Santiago Galego, que avanzou que se procederá a iluminar pola noite de cor azul a cor oficial da dislexia- a glorieta de Freixeiro.
O Concello apoiará con este acto a citada causa que, tal e como indicaron dende a Federación, afecta a un mínimo dun 10% da poboación. Así mesmo, utilizarase o slogan #UnidosPorLaDislexia como mensaxe de unión nas redes sociais para dar máis visibilidade a este problema de aprendizaxe de orixe neurolóxico.
As persoas con dislexia teñen que facer fronte día a día a unha serie de dificultades á hora de ler e escribir polo que nos sumamos a esta campaña conscientes da importancia de visibilizar a dislexia na nosa sociedade con motivo do Día Mundial da Dislexia, apuntou Galego.