O CONCELLO ACOLLERÁ A VINDEIRA SEMANA UN PLENO EXTRAORDINARIO PARA DESIGNAR AOS INTEGRANTES DAS MESAS ELECTORAIS DO 10 DE NOVEMBRO
A sesión, na que se designará a través dun sorteo informático aos presidentes, vocais e suplentes, terá lugar o martes día 15 ás 9.15 horas
Narón, 10 de outubro de 2019. O Concello de Narón acollerá o vindeiro martes, día 15, un pleno extraordinario, ás 9.15 horas, no que se procederá a realizar o sorteo dos integrantes das mesas electorais das eleccións xerais que se celebrarán o vindeiro 10 de novembro. No municipio instalaranse un total de 47 mesas. A través do procedemento habitual, mediante un sorteo informático, designaranse os presidentes, vocais e dous suplentes para cada unha das mesas.
As persoas seleccionadas no proceso recibirán unha notificación do Concello na súa vivenda habitual. Na misiva indicaráselles o procedemento a seguir no caso de que consideren oportuno presentar reclamacións ante a Xunta Electoral de Zona no xulgado de Ferrol-, así como dos prazos estipulados para tal fin.