Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
MARIÁN FERREIRO VALOROU A UNIÓN DA COMARCA EN DEFENSA DO FUTURO DE ENDESA E PARA URXIR AXUDAS PARA A REINDUSTRIALIZACIÓN DA ZONA
A alcaldesa de Narón acudiu hoxe á concentración convocada ante o Congreso dos Deputados xunto cos edís Guillermo Sánchez Fojo, Pablo Mauriz e Santiago Galego
Narón, 16 de outubro de 2019. Unha representación do goberno local naronés, encabezada pola alcaldesa, Marián Ferreiro, e da que formaron parte o viceportavoz de TEGA, Guillermo Sánchez Fojo, e os tamén edís Pablo Mauriz e Santiago Galego, participou esta tarde en Madrid na concentración convocada fronte ao Congreso dos Deputados en defensa do futuro da central de Endesa en As Pontes. Ferreiro destacou “a unión amosada dende o pobo das Pontes en particular e da comarca en xeral para defender o futuro dos traballadores da térmica, das compañías auxiliares e dos transportistas do carbón, esixindo unha transición enerxética xusta para as instalacións de Endesa e garantías no emprego aos centos de familias afectadas pola decisión de Endesa de poñer fin á actividade na térmica pontesa”. Trala concentración ante o Congreso dos Deputados Marián Ferreiro participou, xunto con outros alcaldes da comarca, nunha reunión que tivo lugar no Congreso con representantes dos grupos políticos do PSOE e do PP e cos representantes da Mesa de Traballo, estes últimos que previamente mantiveran outra xuntanza co resto dos grupos políticos. Nestes encontros o colectivo desprazado a Madrid esixiu “de inmediato” a Endesa e ao Ministerio de Transición Ecolóxica medidas para reactivar a central térmica de As Pontes e a habilitación de axudas de transición de reindustrialización para a comarca. “Dende o Concello de Narón continuaremos respaldando, como viñemos facendo ata o momento, as xustas reivindicacións dos traballadores e traballadoras e hoxe, como non podía ser doutro xeito e xunto coa maioría de alcaldes da comarca, acudimos tamén a esta concentración reivindicando unha transición enerxética xusta e un plan de reindustrialización”, asegurou Ferreiro. “Non podemos continuar permitindo que a nosa comarca estea padecendo un total desmantelamento e abandono, por iso debemos continuar traballando unidos para que se poñan sobre a mesa solucións ante a grave situación que está sufrindo dende hai varios anos esta comarca en particular”, recalcou.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal