Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PRAZO DE INSCRICIÓN NO CONTACONTOS "MIÑA TERRA, MEU LAR" ABRIRASE ESTA TARDE NA BIBLIOTECA MUNICIPAL
A concelleira de Bibliotecas, Mercedes Taibo, explicou que se trata dunha actividade dirixida a nenas e nenos a partir de 4 anos e que terá lugar o vindeiro sábado, día 26
Narón, 22 de outubro de 2019. A Biblioteca municipal abrirá esta tarde, ás 16.00 horas, o prazo de inscrición no contacontos “Miña terra, meu lar”, que terá lugar o vindeiro sábado, día 26, ás 11.00 horas nas instalacións da Biblioteca municipal. A concelleira responsable da área, Mercedes Taibo, explicou que esta é unha actividade dirixida a nenas e nenos a partir de 4 anos e indicou que as persoas interesadas en inscribirse deben facelo no mostrador da sala de adultos/as da Biblioteca ou chamando ao número de teléfono 981 382 173. Caxoto Contacontos é o protagonista desta proposta, que constitúe todo un alegato a favor do coidado do planeta partindo dun enfoque local cara a unha perspectiva global. Taibo recordou ademáis que esta mesma tarde, entre as 18.00 e as 19.00 horas, terá lugar na Axencia de Lectura Municipal da Solaina un novo obradoiro de construción de xogos e xoguetes con material de refugallo. Será o último dos catro programados nas citadas instalacións e diríxese a nenas e nenos de 3 a 6 anos. Finalmente a edil de Bibliotecas explicou que dende onte luns está en marcha unha nova edición de “Trocolibro”, que rematará este mesmo sábado, día 26. As persoas que o desexen poderán levar algún dos documentos –libros e outro tipo de materiais- que se localizarán nunha mesa disposta para tal fin na planta baixa da Biblioteca. O máximo de materiais para donar ou levar será de un por persoa, tal e como recordou a edil.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal