Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ABERTO O PRAZO PARA SOLICITAR AS AXUDAS DA TAXA DE SANEAMENTO RURAL
As solicitudes poderán recollerse no Rexistro Xeral, no Servizo Sociocomunitario, e nesta páxina web.
Narón, 9de febreiro de 2009.- O Concello de Narón abriu hoxe o prazo para solicitar subvencións á taxa de saneamento rural. As axudas cubrirán entre o 10% e o 95% do total do imposto, e poderán acceder a elas os veciños con ingresos inferiores ós 35.500 euros anuais. Os requisitos para acceder ás axudas e os impresos de solicitude poden recollerse no Rexistro Xeral do Concello, no Servizo Sociocomunitario (1º andar do Concello) ou descargarse nesta páxina web -no apartado adicado a subvencións-. O Concello de Narón destinará un total de 60.000 euros durante este ano 2009, para as axudas polo saneamento e auga no rural. O prazo máximo para solicitar a bonificación é de 3 meses. Xunto coa solicitude, os interesados deberán presentar a carta de pago da taxa, o certificado de convivencia de tódalas persoas que residen no domicilio, e a declaración do IRPF ou o certificado que acredite a exención de pagar o Imposto sobre a Renda. O importe das axudas varía en función da composición da unidade familiar (establécense distintos tramos para familias de 1 a 2 membros, de 3 a 4, e de 5 ou máis) e dos ingresos da mesma. Os principais beneficiarios serán as familias de 1 ou 2 membros con ingresos de menos de 10.000€ anuais, as de 3 ou 4 con ingresos inferiores a 20.000€, e as de 5 ou máis con rendas inferiores a 26.000€. Nos tres casos, os solicitantes recibirán a bonificación do 95% da taxa de saneamento rural. O Concello abrirá máis convocatorias de axudas similares a medida que vaian realizándose o resto das obras de saneamento da zona rural de Narón.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal