Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO REALIZARÁ CAMBIOS NO SENTIDO DE CIRCULACIÓN NAS RÚAS MARCIAL CALVO E DOUTOR FLEMING COINCIDINDO COA ENTRADA E SAÍDA DE ALUMNADO NO COLEXIO JORGE JUAN
A partir do luns día 4 de novembro as rúas Marcial Calvo e Doutor Fleming pasarán a ter un sentido único de circulación dende a rúa Xoán XXIII cará á estrada de Castela. Esta medida estará en vigor de luns a venres, entre as 8.30 e as 9.10 horas e de 13.40 a 14.30 e tamén os martes pola tarde, entre as 15.40 e as 16.10 e de 17.30 a 18.00 horas
Narón, 31 de outubro de 2019. O Concello aplicará cambios na circulación na zona de Xuvia, concretamente nas inmediacións do colexio Jorge Juan, co fin de incrementar a seguridade na zona coincidindo co horario de entrada e saída do alumnado no centro. Así o anunciou o concelleiro de Seguridade Cidadá, Román Romero, que explicou que a partir do vindeiro luns día 4 de novembro as rúas Marcial Calvo e Doutor Fleming pasarán a ter un sentido único de circulación dende a rúa Xoán XXIII cará á estrada de Castela. Esta nova medida estará en vigor de luns a venres, entre as 8.30 e as 9.10 horas e de 13.40 a 14.30 e tamén os martes pola tarde, entre as 15.40 e as 16.10 e de 17.30 a 18.00 horas. Na xornada de onte comezouse a informar aos pais e nais do alumnado do centro e tamén aos veciños e veciñas da zona a través da Policía Local. O concelleiro de Seguridade Cidadá explicou que os condutores que circulen pola estrada de Castela, para dirixirse ao centro deberán baixar pola rúa Xoán XXIII para continuar a súa marcha pola rúa Doutor Fleming e subir pola Marcial Calvo. Dende a Policía Local, tal e como apuntou Romero, procederase a colocar a sinalización vertical correspondente. Hoxe mesmo se entregaba ás familias do alumnado unha comunicación informando da próxima entrada en vigor destes cambios na circulación rodada. “Trátase dunha medida que se adoptou no Concello e consensuada coa comunidade educativa do colexio Jorge Juan de Xuvia”, explicou Romero. O edil naronés incidiu en que “o obxectivo final é ofrecer as máximas garantías de seguridade nas inmediacións do centro escolar e eliminar unha serie de problemas na circulación rodada que se rexistraban nesa zona debido a que nun breve período de tempo localizábanse un gran número de peóns e vehículos circulando e estacionando en todos os sentidos da marcha neses viais, co risco que isto implica”. A maiores desta medida, dende o Concello solicítase ás familias que utilizen a zona habilitada para o programa “Bica e arrinca”, co fin de constrinuír a liberar espazo de estacionamento na zona do colexio e axilizar a entrada dos menores ao recinto escolar, ao tempo que ofrecer unha maior seguridade e fluidez no tráfico rodado.

<<< Xaneiro 2023 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
www.naron.es