Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ASINADO ESTA MAÑÁ UN ACORDO DE COLABORACIÓN ENTRE O CONCELLO DE NARÓN E O IES AS TELLEIRAS EN MATERIA DE EDUCACIÓN, FORMACIÓN E EMPREGO
A alcaldesa, Marián Ferreiro, manifestou a vontade do concello de seguir colaborando coa comunidade educativa na mesma liña en beneficio dos alumnos e alumnas e a súa formación cara ao futuro
Narón, 31 de outubro de 2019. Na mañá de hoxe a alcaldesa, Marián Ferreiro, asinou un acordo de colaboración entre o concello de Narón e o IES As Telleiras, representado pola súa directora, María Cristina Alves Ferreira. A sinatura contou, así mesmo, coa presenza da concelleira de Formación, Natalia Hermida. O obxecto deste acordo de colaboración é o desenvolvemento dos módulos profesionais asociados ao currículo do ciclo de formación profesional básica do título profesional básico en Carpintería e Moble, no Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz, sendo beneficiario deste acordo o alumnado do Centro Público IES As Telleiras, matriculado e admitido no título profesional básico en Carpintería e Moble. As actividades comprendidas neste acordo desenvolveranse entre os meses de outubro de 2019 e xuño de 2020. Ferreiro declarou que “un ano máis poñemos a disposición da comunidade educativa, neste caso do IES As Telleiras, os recursos do concello co Centro Municipal de Formación Irmáns Froilaz facilitando que o alumnado faga as súas prácticas en taller, complementarias á súa formación lectiva no IES As Telleiras, o cal é unha grande satisfacción”

<<< Febreiro 2023 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13 14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
 
Eventos do Concello
www.naron.es