Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A CONCELLERÍA DE FORMACIÓN ABRIRÁ O VINDEIRO LUNS O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA UN CURSO DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS PRL NIVEL BÁSICO
A concelleira delegada da área, Natalia Hermida, anunciou que dita acción formativa disporá dun total de 72 horas lectivas que serán impartidas no Centro municipal de formación Irmáns Froilaz, na Gándara e contará cunha visita didáctica a unha empresa da comarca
Narón, 31 de outubro de 2019. O Concello de Narón convoca unha nova acción formativa dirixida a persoas empadroadas en Narón, maiores de 18 anos e desempregadas. A concelleira delegada da área, Natalia Hermida, anunciou que o vindeiro luns, día 4 de novembro ás 8.30 horas, abrirase o prazo de inscrición neste curso sobre Prevención de Riscos Laborais PRL, e dito prazo rematará o día 11 de novembro ás 13.30 horas. A acción formativa dispón dun total de 72 horas lectivas que serán impartidas no Centro municipal de formación Irmáns Froilaz, na Gándara e contará cunha visita didáctica a unha empresa da comarca. As datas previstas do curso serán do 15 de novembro ao 5 de decembro de 2019. As inscricións poden realizarse no Rexistro Xeral do Concello de Narón, Sede electrónica e polos restantes medios contemplados no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administraciones Públicas. Para máis información, pode consultarse na sección de Servizos, Formación e Actividades Municipais da páxina web do Concello, ou contactar co Servizo Sociocomunitario, no teléfono 981337700 Extensión 1108 e 1109 http://www.naron.es/web/docs/formacion/novasAccionsFormativas.pdf

<<< Febreiro 2023 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13 14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
 
Eventos do Concello
www.naron.es