Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ABRIRÁ MAÑÁ O PRAZO DE INSCRICIÓN NUN CURSO DE "OPERADOR/A DE CARRETILLAS E PLATAFORMAS ELEVADORAS-PEMP"
A concelleira de Formación, Natalia Hermida, anunciou que o prazo de inscrición permanecerá aberto dende mañá ata o vindeiro 14 de novembro
Narón, 6 de novembro de 2019. O Concello de Narón abrirá mañá o prazo de presentación de solicitudes para un curso de “Operador/a de carretillas e plataformas elevadoras PEMP (con certificación UNE). Así o anunciou a concelleira de Formación, Natalia Hermida, que explicou que se trata dunha convocatoria dirixida a persoas maiores de 18 anos, desempregadas e empadroadas no Concello de Narón. As solicitudes poderán presentarse ata o vindeiro 14 de novembro no Rexistro Xeral do Concello, na Sede Electrónica e a través dos restantes medios contemplados no artigo 16.4 da Lei 39/2015 do 1 de outubro do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. O curso terá unha duración total de 75 horas (35 de certificación; 20 horas de prácticas a maiores e outras 20 de módulos adicionais) e diríxese a un total de doce persoas. As clases impartiranse nas instalacións do Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz, na Gándara, estando previsto que se desenvolvan entre o 21 de novembro e o 13 de decembro deste ano, de luns a venres entre as 9.00 e as 14.00 horas. Operador/a de carretilla elevadora, operador/a de plataformas elevadoras móbiles de persoal (PEMP) UNE 58923:2014; prácticas e módulos de igualdade entre homes e mulleres e de orientación para a empregabilidade, así como tres charlas con persoal experto, forman parte dos contidos incluídos no programa deste curso. Unha das recomendacións para esta acción formativa é ter carné de conducir, debido ao manexo das carretillas, e non padecer vertixe, tal e como figura nas bases. O alumnado seleccionarase por rigorosa orde de inscrición no Rexistro, no caso de que a demanda de prazas supere á oferta. As persoas interesadas en obter máis información poden consultar a web do Concello: www.naron.es, ou contactar co Servizo Sociocomunitario Municipal, no número de teléfono 981 337 700 (extensións 1108 e 1109). A concelleira de Formación, Natalia Hermida, animou ás persoas que cumpran os requisitos a anotarse nesta nova acción formativa convocada a través do Programa Municipal de Formación.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal