Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
CHONI COMPAÑÍA FLAMENCA TRAERÁ ESTE SÁBADO AO PAZO O ESPECTÁCULO DE DANZA "TEJIDOS AL TIEMPO"
O espectáculo comezará ás 20.00 horas e diríxese a todo tipo de públicos, estando á venda as entradas na billeteira do Pazo e na web do Padroado da Cultura
Narón, 7 de novembro de 2019. A danza contemporánea chegará esta fin de semana ao Pazo da Cultura da man de Choni Cía. Flamenca, co espectáculo “Tejidos al tiempo”. A cita será o sábado, día 9, ás 20.00 horas e diríxese a todo tipo de públicos. O prezo das entradas é de 12 euros para o público xeral e de 8,40 para abonados, desempregados, persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos) e menores de 14 anos. Asunción Pérez “Choni” e Jorge Barroso “Bifu” son os autores e directores deste espectáculo, que conta unha historia cunha nova imaxe visual na que se recorre continuamente a medios expresivos flamencos. Trátase dunha reflexión sobre o tempo, a vida e a loita para conquistar a morte, cargada de soleá, abandolao, bulería e milonga, entre outros bailes. O público sumerxirase en varios estados de ánimo propios de cada cante, a medida que avanza a obra, cunha innovada posta en escena. A forza da bulería, a rabia da seguidilla, a valentía do fandango e o temple da soleá, entre outros, son algúns deses estados de ánimo nos que se pretende sumerxir, tal e como recoñece a propia compañía, a intérpretes e público. As entradas dispoñibles poden adquirirse na billeteira do Pazo da Cultura e na web do Padroado da Cultura: www.padroadodecultura.es.

<<< Febreiro 2023 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13 14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
 
Eventos do Concello
www.naron.es