Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA ASINOU UN CONVENIO DE COLABORACIÓN COA PRESIDENTA DA ASOCIACIÓN DE COMERCIANTES DE NARÓN
Marián Ferreiro destacou o feito de que a sinatura do acordo, por importe de 13.000 euros, permitirá promocionar e dinamizar o sector na cidade
Narón, 7 de novembro de 2019. A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, asinou esta mañá un convenio de colaboración coa presidenta da Asociación de Comerciantes de Narón, María Yáñez, por un importe de 13.000 euros. No acto estivo tamén presente o concelleiro de Promoción Económica, David Pita. A promoción e dinamización do comercio local é o obxectivo principal deste acordo, tal e como recordou Ferreiro, que agradeceu á representante da asociación o traballo que realizan ao longo do ano na cidade. A promoción e dinamización do sector redundarán na economía local, tal e como destacou a alcaldesa, que valorou “a variedade de establecementos comerciais cos que contamos na cidade e tamén a súa proximidade coas naronesas e naroneses”. O Concello e a Asociación de Comerciantes de Narón colaboran dende hai varios anos en propostas dirixidas á veciñanza, como é o caso da programación do Nadal e outras iniciativas impulsadas a través do goberno local, unha colaboración que tamén agradeceu novamente hoxe ao colectivo a alcaldesa da cidade.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal