Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO TRAMITA AS AXUDAS AUTONÓMICAS ÓS AFECTADOS POLO TEMPORAL
Os interesados deben dirixirse á oficiña habilitada na 5ª pranta do Concello
Narón, 6 de febreiro de 2009.- O Concello de Narón mantén aberta na 5ª pranta da Casa Consistorial unha oficiña dirixida ós afectados polo Ciclón “Klaus”, que asolou o norte de Galicia na madrugada do 23 de xaneiro. Os veciños afectados poden recoller aquí os impresos de solicitude de axudas da Xunta de Galicia, clasificadas en función dos tipos de reclamacións: por danos persoais, danos en establecementos turísticos locais, danos en vivendas, e danos en explotacións gandeiras e agrícolas. O formulario tamén pode descargarse na páxina web do Concello, no seguinte enderezo: www.naron.es As condicións e requisitos para acceder ás axudas tamén están dispoñibles na rede, e na oficiña do Concello, na que se informa da documentación a aportar xunto coa solicitude. Unha vez reunidos tódolos papeis necesarios, os interesados poden entregalos na mesma oficiña do Concello, dende onde se remitirá á Xunta de Galicia a través do Portelo Único. Entre hoxe e onte, o funcionario que atende a oficiña municipal entregou un total de 50 solicitudes a outros tantos veciños, e xa recolleu unha veintena de impresos cubertos, para remitir á Xunta de Galicia. O horario de atención ó público é de luns a venres, de 8:30 a 13:30 horas. O prazo para solicitar as axudas da Xunta remata o vindeiro 4 de marzo.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal