A ALCALDESA ASINA UN CONVENIO DE COLABORACIÓN COA ENTIDADE ANPA "CEIP PONTE DE XUVIA" EN MATERIA DE ACCIÓN SOCIAL "EDUCACIÓN PARA A SAÚDE-NUTRICIÓN ESCOLAR"
Ferreiro manifestou o compromiso de seguir promovendo o desenvolvemento social e a conciliación familiar das persoas residentes no concello de Narón e agradeceu a colaboración da ANPA "CEIP Ponte de Xuvia" neste programa
Narón, 15 de novembro de 2019. A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, asinou esta mañá o convenio de colaboración en materia de acción social Educación para a saúde-nutrición escolar 2019, xunto coa representante da ANPA CEIP Ponte de Xuvia, Ángela María Rodríguez López. Á firma asistíu a concelleira de Ensino, Mercedes Taibo.
O programa de Educación para a Saúde-Nutrición Escolar e de conciliación da vida familiar propicia unha intervención de ámbito socioeducativo cuns obxectivos desenvolvidos na actividade de comedor escolar de almorzos como son:
Mellora da nutrición infantil en idades de 3 a 12 anos creando hábitos de inxestión de almorzos equilibrados e suficientes.
Creación de hábitos de hixiene buco-dental
Practicar destrezas e habilidades relacionais por medio de xogos cooperativos
Conciliación da vida familiar coa realidade social e laboral
A alcaldesa agradeceu o traballo realizado pola ANPA e a súa implicación e colaboración coa administración local nestas actuacións de carácter socio-educativas en beneficio da saúde nutricional do alumnado e da conciliación da vida familiar.