Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
PRESENTACIÓN DO NOVO EQUIPO DE EDUCACIÓN VIAL PARA OS ESCOLARES DE NARÓN
Narón, 6 de febreiro de 2009.- O Concello acaba de dar un novo paso no seu compromiso coa formación en seguridade vial dos nenos e nenas de Narón. Hoxe foi presentado un conxunto de material móvil co que dous Policías Locais poderán ensinar ós escolares de tódolos centros públicos e concertados as normas básicas de circulación. Este ‘kit de educación vial’ está valorado en 50.000 euros, e forma parte do proxecto “Aprende Pedaleando”, formalizado a través dun convenio firmado o 21 de novembro de 2008 entre o Concello e os colexios de Narón. Trátase de oito pequenos vehículos –2 son eléctricos e outros 6 funcionan a pedais- e un conxunto de sinais de tráfico, marcas viarias e semáforos que se transportarán nun remolque para facelos chegar a tódolos colexios de Narón. A montaxe deste circuito require un traballo previo de tres horas. “O esforzo é grande pero creo que paga a pena por manter a seguridade vial”, sinalou o responsable de Seguirdade Cidadá, Guillermo Sánchez Fojo. O concelleiro lembraba que o Colexio de A Solaina foi o primeiro en dispor dun circuito de similares características, o que lle valeu no 2008 un premio polo seu proxecto piloto de seguridade vial. “Agora poderán disfrutar e aprender o resto dos escolares de Narón”, engadiu o Alcalde, Xose Manuel Blanco. Está previsto que participen ó longo deste curso escolar 2008-2009 un total de 2.200 rapaces e rapazas do municipio. Hoxe facían o propio os alumnos de 6º de Educación Primaria do Colexio de A Solaina, que puideron comprobar o bo funcionamento dos vehículos, o mesmo que o Alcalde e o Concelleiro de Seguridade Cidadá. Ambos amosáronse moi satisfeitos por estrenar os novos medios cos que conta o equipo de educación vial da Policía Local. “Con este kit logramos ter un circuito móvil, e chegar a tódolos colexios de Narón”, concluíu o Alcalde.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal