Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PADROADO DA CULTURA PROGRAMA UN TERCEIRO PASE DO ESPECTÁCULO "FARIÑA" CON ENTRADAS XA Á VENDA
O espectáculo é unha adaptación da obra de Nacho Carretero e que realizou o dramaturgo naronés José Prieto
Narón, 20 de novembro de 2019. O Padroado da Cultura de Narón programou un novo pase do espectáculo “Fariña”, para o sábado día 14 de decembro ás 17.30 horas e con entradas xa á venda. Os outros dous pases programados, para o venres 13 de decembro ás 20.30 e o sábado 14 ás 20.00 horas, están a piques de esgotar as entradas. Esta obra é unha adaptación da novela de Nacho Carretero realizada polo dramaturgo naronés José Prieto e na que se aborda o tema do narcotráfico en Galicia a finais do século pasado. Xosé Antonio Touriñán, Marcos Pereiro, Cristina Iglesias, María Vázquez e Sergio Zarreta forman o elenco desta peza. Os rapaces e veciños das vilas falan, mercan e consumen con soltura tabaco de batea e cobrarán vida da man dos actores deste espectáculo, que asumirán decenas de personaxes e vivirán diferentes situacións cun alcalde corrupto como protagonista, unha verbena e veciños de menor idade probando a mercancía a escondidas. O prezo das entradas é de 22 euros no patio de butacas e de 18 euros nos anfiteatros, podendo adquirirse na billeteira do Pazo ou na web do Padroado da Cultura de Narón: www.padroadodecultura.es.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal