Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO OFRECE ÁS ASOCIACIÓNS, CLUBS DEPORTIVOS E REPRESENTANTES DO COMERCIO E HOSTALERÍA LOCAL MATERIAL PROMOCIONAL DA CAMPAÑA "NARÓN EN NEGRO"
A concelleira de Igualdade, Mar Gómez, recordou que o material debe solicitarse no terceiro andar do Concello, podendo tamén descargarse cartelería dende a web municipal
Narón, 20 de novembro de 2019. A concelleira de Igualdade de Narón, Mar Gómez, animou aos propietarios de establecementos comerciais e de hostalería locais, así como ás entidades deportivas e veciñais da cidade a achegarse ata o Concello para solicitar material promocional da campaña “En Negro contra as violencias” (“Narón en Negro”) á que se adheriu un ano máis o Concello de Narón. “As persoas que desexen recibir material deben dirixirse ao terceiro andar do Concello, se ben tamén teñen a opción de descargar documentos co lema da campaña a través da páxina web do Concello: www.naron.es”, explicou Gómez. A edil indicou que, polo momento, aínda queda dispoñible cartelería, pegatinas e camisetas co lema “Narón en Negro” e anima á cidadanía a publicitar esta campaña, centrada na loita contra a violencia de xénero. Así mesmo, Gómez recordou que na web municipal se pode descargar o programa de actos co que se conmemorará dende o Concello o 25N, Día Internacional contra a violencia de xénero, e que se desenvolverán ata finais deste mes en diferentes ubicacións da cidade. O vindeiro luns día 25, ás 12.00 horas, será o acto central na Praza da Gándara, que consistirá na lectura dun manifesto contra a violencia e unha ofrenda floral fronte ao Monumento á Muller. “Convidamos ás veciñas e veciños a asistir a este acto, co que dende o Concello naronés queremos amosar a máis enérxica repulsa ás violencias machistas”, subliñou Gómez.
Descarga de archivos
Bandeira "Narón en Negro"
Tamaño:84,24 KB
Banner "Narón en Negro"
Tamaño:61,10 KB
Logo "Narón en Negro"
Tamaño:88,29 KB
Pancarta "Narón en Negro"
Tamaño:91,58 KB
Lona "Narón en Negro"
Tamaño:108,44 KB

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal