Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A PRAZA 23 DE NOVEMBRO E O PAZO DA CULTURA ACOLLERÁN MAÑÁ OS ACTOS DO "DÍA DE NARÓN"
Música, un obradoiro de instrumentos tradicionais, degustación de filloas, un espectáculo infantil y la entrega de premios del "XI Concurso de Pintura Cidade de Narón" centran la programación
Narón, 22 de novembro de 2019. O concello naronés celebrará mañá a festividade local, coincidindo co 23 de novembro, Día de Narón. A Praza 23 de novembro, nas inmediacións do pavillón Campo da Serra, e o Pazo da Cultura acollerán os actos programados para festexar esta data, con propostas para persoas de diferentes idades e nas que estará moi presente a música e a gastronomía, neste último caso coa degustación de filloas, de balde, pola mañá e pola tarde. Alumnado do Obradoiro de instrumentos tradicionais do Padroado da Cultura exporá parte do seu traballo e realizará demostracións do mesmo baixo unha carpa na Praza 23 de novembro. As persoas interesadas en coñecer este traballo poderán velo entre as 13.00 e as 14.30 e tamén pola tarde de 17.00 a 20.00 horas. A música do Día de Narón correrá a cargo dos Grupos de Gaitas do Padroado da Cultura, que actuarán de 13.00 a 14.30 horas e no que respecta á gastronomía, serviranse filloas de balde entre as 13.00 e as 15.00 e de 17.30 a 20.00 horas. A filloeira de Lestedo estará instalada durante todo o día na zona da Praza 23 de novembro e cociñará unhas 1.200 filloas por hora, que poderán degustar todas as persoas que se acheguen á cidade. En canto ao público infantil, entre as 17.00 e as 18.00 horas terá lugar o espectáculo “A Gramola gominola”. Finalmente, ás 18.00 horas terá lugar a entrega dos premios do “XI Concurso de Pintura Cidade de Narón”, que gañou a malagueña Blanca María Álvarez Sánchez, e que recibirá o premio de mans da alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro. Dende o Concello animan ás naronesas e naroneses a achegarse tanto á Praza 23 de novembro como ao Pazo para celebrar conxuntamente os actos programados con motivo do Día de Narón.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal