Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA RECIBIU NO CONCELLO AOS REPRESENTANTES DO "CLUB DE FOTOGRAFÍA NARÓN"
Marián Ferreiro valorou a iniciativa dos integrantes desta nova entidade constituída no Concello o pasado mes de outubro e comprometeu o apoio municipal de cara a impulsar futuras propostas dirixidas á cidadanía
Narón, 22 de novembro de 2019. A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, recibiu aos integrantes dunha nova entidade constituída na cidade, o Club de Fotografía Narón CFN. O presidente do citado club, Marcos García, e o seu secretario, Rubén Bollán, e tesoureiro, Eduardo José Ponte, acudiron tamén á xuntanza, na que explicaron a Ferreiro as actividades que impulsarán na cidade. O Club de Fotografía Narón, constituíuse oficialmente o pasado 15 de outubro e é unha asociación de carácter cultural e sen ánimo de lucro. A promoción da fotografía e a participación das persoas en actividades relacionadas coa fotografía forman parte dos fins da entidade, a través da que se organizarán cursos (de iniciación e perfeccionamento), convocaranse saídas fotográficas, charlas, conferencias, e impulsaranse exposicións e outras actividades encamiñadas a desfrutar da fotografía. As persoas interesadas en contactar cos representantes deste novo club local poden facelo a través do correo electrónico: clubfotografianaron@gmail.com. Ferreiro felicitou aos representantes do Club de Fotografía Narón por constituír esta nova entidade e comprometeu o apoio do Concello de Narón á hora de programar actividades dirixidas á cidadanía.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal