Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A CELEBRACIÓN DO "XXXIV MEMORIAL ADOLFO ROS-VOLTA Á RÍA" IMPLICARÁ O DOMINGO VARIAS RESTRICIÓNS NO TRÁFICO RODADO
O concelleiro de Seguridade Cidadá, Román Romero, explicou que algún tramos da estrada de Castela e outros viais do termo municipal estarán afectados temporalmente polos cortes durante a celebración do evento
Narón, 27 de novembro de 2019. A celebración do “XXXIV Memorial Adolfo Ros-Volta á Ría”, o vindeiro domingo día 1 de decembro, implicará unha serie de restricións no tráfico rodado no termo municipal durante o desenvolvemento da proba. Entre as 9.45 horas e as 11.00 permanecerá cortada ao tráfico a estrada de Castela entre o cruce da Faísca e a rotonda de Freixeiro, no sentido de circulación Narón-Neda, habendo un carril habilitado no sentido Neda-Ferrol. Así mesmo, para as carreiras das categorías de nenas e nenos, cortarase durante 45 minutos aproximadamente, a partir das 10.00 horas, o Camiño do Pino e os viais Fonte de Leixa e Camiño do Lodairo cara á estrada de Castela. O tráfico rodado en dirección Ferrol-Narón tamén se cortará entre o Concello e a Ponte das Cabras entre as 11.00 e as 12.00 horas aproximadamente (estando aberto no sentido Narón-Ferrol nun sentido de circulación). Neste tramo, as interseccións coa estrada de Castela na marxe esquerda (dirección Narón-Ferrol) estarán pechadas de xeito alternativo. Dende a área de Seguridade Cidadá recalcouse que todos estes cambios provisionais para o desenvolvemento deste evento deportivo estarán debidamente sinalizados e tamén haberá persoal de Protección Civil, do Speis de Narón, da Policía Local e voluntarios de distintos clubs e entidades nos tramos afectados, co fin de garantir a máxima seguridade. Os cortes de tráfico afectarán tamén de maneira consecutiva, a medida que avanza o evento, aos concellos de Neda, Fene e Ferrol, tal e como recordaron dende a concellería de Seguridade Cidadá.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal