Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ALUMNADO DAS ESCOLAS DE BAILE DO PADROADO DA CULTURA PARTICIPARÁ ESTE SÁBADO NUN ESPECTÁCULO CON "ARMADANZAS"
Preto dun centenar de persoas das citadas Escolas bailarán no vestíbulo do Pazo da Cultura a partir das 12.00 horas ao son da música tradicional galega e portuguesa
Narón, 27 de novembro de 2019. O Padroado da Cultura de Narón e a Deputación da Coruña organizan este sábado no Pazo un espectáculo con “Armadanzas”, no que participarán preto dun cento de alumnas e alumnos das Escolas de Baile do Padroado da Cultura. A cita será a partir das 12.00 horas no vestíbulo do Pazo, donde todos bailarán con Mercedes Prieto e Montse Rivera, de “Armadanzas”, bailes tradicionais galegos e portugueses. Trátase dunha proposta participativa dirixida ao alumnado das Escolas do Padroado que constitúe toda unha aposta pola recuperación do repertorio tradicional galego-portugués. Mercedes e Montse, dúas compañeiras, gozan poñendo a bailar a todo mundo e proporán aos participantes nesta actividade unha viaxe na que se inclúen contos e historias divertidas. “O mellor é deixar a vergoña na casa e desinhibirse, pois non importa bailar ben, senón deixarse levar pola maxia do baile e coñecer novos compañeiros nesta viaxe”, aseguran dende Armadanzas.

<<< Febreiro 2023 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13 14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
 
Eventos do Concello
www.naron.es