Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A EMPRESA MIXTA DE AUGAS COSMA ESTREA PÁXINA WEB
O enderezo é o seguinte: www.cosmanaron.es
Narón, 18 de febreiro de 2009.- A empresa mixta de augas de Narón COSMA -integrada por aqualia e o Concello de Narón- acaba de por en marcha a súa web, á que se pode acceder no seguinte enderezo: www.cosmanaron.es Os navegantes poderán coñecer cada un dos pasos do ciclo integral do auga e as infraestructuras implicadas e tódolos datos relativos á oficina comercial da cidade. Ademais, Cosma describe o seu modelo único de xestión medioambiental, de calidade e de seguridade laboral; e diversos consellos para un uso responsable do auga. Os aboados tamén poderán recibir a través do e-mail o seu recibo trimestral de auga. O espacio Web dispón dun acceso directo á Zona infantil, unha sección especialmente dedicada aos mais mozos, ónde poden acercarse ás distintas fases do ciclo integral do auga e tomar conciencia da necesidade do coidado e respecto ao medio ambiente e un consumo responsable do auga. Ademais recolle toda a información relativa ao concurso de debuxo infantil. Con esta iniciativa, Cosma evidencia o seu compromiso cos veciños de Narón e pon a súa disposición unha nova ferramenta útil e próxima, que se suma á atención na oficina e que, ademais, ofrece un punto de encontro como garantía de calidade dun servicio moderno e comprometido.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal