Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ABRIRÁ MAÑÁ O PRAZO DE INSCRICIÓN NUN CURSO DE "PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS NOS TRABALLOS EN ALTURA E EN ESPAZOS CONFINADOS"
A concelleira de Formación, Natalia Hermida, explicou que as quince prazas dispoñibles se dirixen a persoas maiores de 18 anos, desempregadas e empadroadas en Narón
Narón, 28 de novembro de 2019. O Concello convoca un curso de “Prevención de riscos laborais nos traballos en altura e nos traballos en espazos confinados”. A concelleira de Formación, Natalia Hermida, anunciou que o prazo de inscrición se abrirá mañá venres ás 8.30 horas e ata o 9 de decembro ás 13.30 horas. En total, según avanzou a edil naronesa, haberá quince prazas, dirixidas a persoas maiores de 18 anos, desempregadas e empadroadas no Concello de Narón. O curso impartirase no Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz, na Gándara, do 16 ao 20 de decembro e de luns a venres, en horario de 8.30 a 14.30. En total impartiranse 28 horas, das que 16 serán de Prevención de Riscos Laborais e as 12 restantes de módulos adicionais. Nas oito horas específicas de formación sobre traballos en altura o alumnado abordará temas como a lexislación sobre esa materia, conceptos xerais sobre caídas en alturas, pautas xerais de seguridade, traballos en cubertas e tellados, traballos en torres e antenas, manexo de cargas e rescates en alturas, entre outros. Así mesmo, nas oito horas da formación sobre traballos en espazos confinados os contidos serán, entre outros, tipos de espazos confinados e as súas diferentes técnicas de traballo, equipos de detección de gases e de respiración autónomos e semiautónomos, técnicas e procedementos de rescate, emprego de ventiladores, extractores e de equipos para a loita contra o lume. As solicitudes de inscrición deben presentarse no Rexistro do Concello –de luns a venres entre as 8.30 e as 13.30 horas-, na Sede Electrónica ou a través dos restantes medios contemplados no artigo 16.4 da Lei 39/2015 do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. O alumnado seleccionarase por rigurosa orde de inscrición. Para obter máis información pódese consultar o apartado de Formación da páxina web do Concello –www.naron.es- ou contactar co Servizo Sociocomunitario Municipal, no primeiro andar do Consistorio ou no número de teléfono 981 337 700 (extensións 1108 e 1109).

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal