DOUS ALUMNOS DO IES AS TELLEIRAS PARTICIPARON NUNHA CHARLA SOBRE EDUCACIÓN E SEGURIDADE VIARIA NO CENTRO COMUNITARIO MANUELA PÉREZ SEQUEIROS
Os escolares colaboraron co equipo de Educación Viaria do Concello e posteriormente visitaron o tanque de tormentas Inxerto II con usuarios e usuarias do centro
Narón, 29 de novembro de 2019. Dos alumnos de primeiro curso de Secundaria do instituto das Telleiras, David e Mateo, desprazáronse esta mañá ao Centro Comunitario Integrado Manuela Pérez Sequeiros para participar nunha actividade impulsada a través do equipo de Educación Viaria do Concello de Narón. Pedro Caneiro e Sonia López, integrantes do citado equipo, convocaron unha sesión informativa dirixida ás persoas maiores e na que colaboraron os dous estudantes naroneses.
Ás 10.00 horas os rapaces encargáronse de ofrecer aos asistentes información relacionada coa educación e seguridade viaria, incidindo especialmente na importancia de respectar as normas de seguridade na estrada, como conductores, peatóns, ciclistas
Acompañados por Pedro Caneiro e Sonia López, proxectaron un vídeo sobre a citada temática, que avanzaba a medida que os escolares ofrecían as explicacións oportunas.
Unha vez rematada a charla David e Mateo acompañaron aos maiores que asistiron á mesma ao tanque de tormentas Inxerto II, na zona da Gándara, donde persoal de Acuaes -que colaborou co Concello- guiou ao colectivo polo interior das instalacións. Así mesmo, ofreceron explicacións sobre o funcionamento do tanque de tormentas e tamén proxectaron un video no que amosaron tanto o proceso de construción como o funcionamento dos tanques de tormentas e o seu papel no proceso de saneamento da ría.