Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ACENDERÁ O DÍA 5 O ALUMEADO DE NADAL QUE ORNAMENTARÁ AS RÚAS, PRAZAS E EDIFICIOS DO TERMO MUNICIPAL
O Concello e a AVV Piñeiros coorganizan o acto oficial do acendido nos xardíns da Residencia San José e animan á veciñanza a acudir á convocatoria
Narón, 1 de decembro de 2019. As rúas, prazas, farolas, glorietas e o propio edificio da Casa Consistorial de Narón dispoñen xa dos elementos luminosos que ambientarán o Nadal en Narón. En total máis de 250 pezas –arcadas, rótulos, motivos para farolas e árbores artificiais, entre outros- ornamentarán a cidade dende o vindeiro 5 de decembro ata o día 7 de xaneiro. O acto oficial do acendido terá lugar un ano máis nos xardíns da Residencia San José, na parroquia de Piñeiros, donde un ano máis representantes do Concello, coa alcaldesa, Marián Ferreiro, á fronte, participarán no tradicional acto xunto con persoal da citada residencia e da AVV Piñeiros, que colaboran na organización do mesmo. A rexedora local encargarase de premer o botón que acenderá as luces dunha árbore natural de 25 metros de altura ubicada fronte ao citado edificio e que tamén acenderá o resto do alumeado da zona urbana e rural. O Concello adxudicou en 162.140 euros as tarefas de instalación do alumeado de Nadal no termo municipal durante este ano e tamén o vindeiro. Nesta ocasión, o contrato contempla varias melloras con respecto aos anteriores, con máis elementos ornamentais tanto en viais da zona urbana como nas parroquias do rural. A poucos días de acenderse o alumeado navideño, hoxe instalouse un novo elemento na Praza da Gándara, donde haberá un cono de catro metros con luz e a bola navideña visitable do pasado ano dará paso a unha caixa de agasallos, tamén visitable, de catro metros de altura por tres de ancho, cuberta por unha malla brillante e con luces led en tono branco. No que respecta ao resto dos elementos, a maiores dos rótulos que irán na zona da Ponte das Cabras e da ponte entre Narón e Neda –na estrada de Castela, iluminaranse oito árbores artificiais –de tres e dous metros- na glorieta de Freixeiro; tres naturais con 120 metros de led na Praza 23 de novembro; un artificial de dez metros na Praza Chafarís; outro artificial de catro metros na Praza de Galicia e un de dez metros, tamén artificial, na Praza da Constitución e cortinas de luz na Praza do antigo Concello de Xuvia. Máis de medio cento de arcadas ambientarán o Nadal na zona rural, que se sumarán ás que se instalarán na avenida Cataluña, Rúa Rafael Bárez, Rúa Carballo Calero, avenida da Solaina e de Santa Icía, rúa Concepción Arenal, estradas de Cedeira, A Gándara, O Trece, O Feal e de Castela. O alumeado estará acendido todos os días a partir das 18.00 horas e apagarase ás 01.00, excepto nas xornadas do 24, 25 e 31 de decembro e 1,5 e 6 de xaneiro, que permanecerá acendido ata o amencer. “Este ano dende o Concello reforzamos a ornamentación nas parroquias da zona rural e incluímos tamén máis elementos en viais da zona urbana que o ano pasado non tiñan arcadas”, explicou o concelleiro de Servizos, Ibán Santalla, que destacou os casos das estradas do Feal e O Trece ou das rúas Rafael Bárez, A Garda, da Praza 23 de novembro e da glorieta da Solaina, entre outros. Así mesmo, o edil explicou que unha das novidades do novo contrato é que a empresa adxudicataria se fará cargo do pago dos gastos derivados do consumo de enerxía eléctrica dos elementos instalados para o Nadal, tal e como se requeriu no prego do contrato. Dende o Concello e a AVV Piñeiros convidouse ás veciñas e veciños a asistir o vindeiro xoves, día 5, ao acto oficial do acendido, que dará comezo ás 18.30 horas e que inclúe a actuación da Coral Municipal e unha degustación de castañas asadas e bebidas.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal