Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
OS OBRADOIROS DO PROGRAMA MUNICIPAL "PRAZAS VIVAS" CONTINÚAN ESTA FIN DE SEMANA EN DOSO E NO ALTO DO CASTIÑEIRO
A decena de propostas diríxense a persoas de tódalas idades, terán lugar na zona urbana e rural e son de balde
Narón, 5 de decembro de 2019. O programa municipal “Prazas Vivas” continúa desenvolvéndose esta fin de semana na cidade. A primeira das citas será mañá venres en Doso, nas inmediacións do Centro Cívico Social (en caso de choiva no interior das citadas instalacións), entre as 16.30 e as 18.30 horas. Así mesmo, na xornada do sábado será o turno da parroquia do Alto do Castiñeiro, donde tamén pola tarde de 16.30 a 18.30 se realizarán os obradoiros deste programa na pista polideportiva do Alto (en caso de choiva trasladarase a actividade ao Centro Cívico Social). Dende o Concello de Narón a concelleira de Participación Cidadá, Catalina García, animou ás veciñas e veciños dos barrios e parroquias da cidade a sumarse ás propostas ofertadas a través deste programa. En total ofrécense preto dunha decena de propostas, todas elas de balde e abertas á participación da cidadanía en xeral, independentemente da idade de cada persoa. O programa levarase a cabo en todos os barrios da zona urbana e tamén en todas as parroquias do rural naronés. Obradoiros de chapas, de experimentos de ciencia, de globoflexia e pintacaras, de graffite, de coches de radiocontrol e de circo, así como un específico para os deseños das carrozas dos barrios e parroquias da cidade para a Cabalgata Solidaria que se celebrará o 5 de xaneiro, forman parte da oferta de actividades de “Prazas Vivas”. A maiores, os asistentes ás diferentes convocatorias tamén poderán participar en sesións de xogos tradicionais. Rematadas as catro primeiras sesións –as dúas da pasada semana e as dúas desta- quedarían pendientes as programadas o día 13 de decembro no Couto; o 14 no Val, o 20 en Xuvia, o 21 en Freixeiro e, en datas aínda por determinar, as previstas nas parroquias de Pedroso, San Xiao, San Mateo e Sedes.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal